Suma a túa idea

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Implantación dun servizo de gardería no campus de Vigo

Escríbolle para suxerir que cando fose posible, se crease unha escola infantil ou gardería no campus de Lagoas-Marcosende, xa que é un servizo moi importante para os usuarios que teñen fillos pequenos, e ademais a lonxanía do campus respecto da cidade de Vigo e outras poboacións, propicia a necesidade de ter este servizo no campus. Ademáis noutros campus sí que está implementado este servizo, e sen embargo, no campus de Vigo, o maís grande dos tres, non o hai. Saúdos e grazas

Gratuidade instalacións deportivas

Uso gratuíto opcións básicas (abono Muver) uso salas musculación nos tres campus. A actividade deportiva na universidade tamén é formación. Tal como está implantada agora, semella equivalente a que se cobrara polo préstamos de libros.

Achegar ao alumnado ás empresas

Crear un programa que permita aos estudantes de últimos cursos coñecer de primeira man como funcionan as empresas para que o salto ao mercado laboral non sexa tan grande

Adaptar el sistema de calidad al ámbito universitario

No tiene sentido aplicar un sistema de calidad como el actual, posiblemente calcado de los utilizados en la empresa privada, a una entidad pública que tiene un funcionamiento y unas reglas totalmente diferentes. Por ejemplo, no se pueden exigir cierto tipo de mejoras en la calidad de los centros cuando éstos no tienen control sobre los factores que influyen directamente en algunos indicadores.
El sistema de calidad debería, en primer lugar, basarse en la confianza en la profesionalidad de las personas, y no en el control. Y estar adaptado a la realidad de la universidad pública.

promoción musical

Habilitar un espazo nos tres campus para a celebración de concertos de música e promoción por parte da UVigo de grupos musicais integrados por estudiantes

O programa Docentia debe reformularse

É necesario repensar a aplicación do programa Docentia na Universidade de Vigo. Considero que é un paso necesario para pór en valor, por fin, a actividade docente fronte ás outras tarefas do PDI e que, na medida en que organismos como a ANECA o teñen en conta para acreditacións, non se pode prescindir da súa aplicación. Agora ben, é necesaria unha simplificación, unha mellora de criterios de avaliación de méritos e, probablemente, sospeito, unha mellora na dotación de recursos humanos para ocuparse do programa. Cómpre melloralo.

Mellorar o Sevizo de apoio á investigación

Mellorar o Servizo de apoio á investigación: definir claramente as funcións do PAS do mesmo e as súas competencias de modo que dentro do servizo se especialice ó seu persoal. Hai que asociar os postos de traballo a competencias, con certo marxe de flexibilidade para encargar a xestión de novas accións e convocatorias

Prácticas profesionais

Non sei que acontece nas otras facultades e campus pero, personalmente, penso que as prácticas que facemos, xa sexan currixulares ou non, deberían de ter un maior seguemento por parte da universidade. Quero decir, elestiven en duas empresas, tres, tendo en conta a actual e en ningún titor mencionou que amtes de comenzar ei as prácticas, fixeranlle un proceso de selección como o que temos que pasar o alumnado. O resultado foi que nunha desas empresas a situación laboral e o ambiente de traballo era malísimo ademais de non estar facendo nada, polo que decidin cortar as prácticas. As prácticas son unha das nosas primeiras tomas de contacto co mundo laboral e durante os primeros anos teñen un peso moi importante no CV do alumnado por isto penso que deberían ser útiles e aportarnos algo.
Se a universidade realizase inspeccións e un maior seguemento penso que moitos alumnos tivesemos aprovechado moito mais esta oportunidad, por tanto, a miña #idea consiste en que, como dixen antes, se leve a cabo una selección do tutor de prácticas, do espazo de traballo, das tarefas a realizar polo alumnos, tanto antes, durante e despois das mesmas.

Captar alumnos para máster

Xerar unha convocatoria específica para conceder bolsas de máster para alumnos brillantes co obxectivo de aumentar o número dos que logo fagan o doutoramento

Evaluación da Producción ciéntifica

Partindo que e dificil atopar un criterio xeral porque existen moi diferentes areas de coñecemento, deberiase considerar que e o importante en cada area xa que por exemplo a posición do autor en un traballo o o numero de autores e moi diferente
Historicamente na Universidade de Vigo “castigouse” o publicar con autores de outras Universidades ou centros e iso deberia desaparecer