Liña estratéxica 11: Desenvolvemento da especialización dos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo-Centro

A Universidade de Vigo é diversa dende o punto de vista disciplinar, diversa na súa situación xeográfica e diversa na súa estratexia de especialización. Esta diversidade, lonxe de constituír unha limitación, é unha gran fortaleza da nosa institución e debe ser recoñecida e considerada nas políticas que cómpre desenvolver nos próximos anos. Debemos evitar a homoxeneización para camiñar cara a unha universidade dos “matices” na que os diferentes ámbitos se sintan cómodos no desenvolvemento da universidade. Consideramos que a especialización dos campus é unha estratexia acertada para aproveitar as fortalezas e oportunidades de cada un destes e, por tanto, debe ser reforzada.

Obxectivo 11.1. Avanzar no proceso de desconcentración para optimizar a xestión dos Campus e acercar a toma de decisións a todos os membros da comunidade universitaria

Accións

1. Progresar na desconcentración do gasto nos Campus de Ourense e Pontevedra mediante a dotación dun orzamento axeitado ás Vicerreitorías de Campus. Serán os Consellos de Campus os órganos de debate e aprobación dos correspondentes plans de acción que executarán os devanditos orzamentos.

2. Potenciar as funcións institucionais e organizativas que as Vicerreitorías de Campus exercen por delegación do Reitor, como a sinatura de convenios de ámbito estritamente vinculado ao Campus.

OURENSE

Obxectivo 11.2. Potenciar a singularización do Campus da Auga, as súas titulacións e os seus centros e unidades de docencia e/ou I+D+i

Accións

1. Reforzar o Programa de Doutoramento do Campus da Auga mediante a mellora da súa calidade e o impulso da súa internacionalización.

2. Crear no actual CITI un centro de investigación, servizos de I+D+i e emprendemento asociado ao Campus da Auga.

3. Dotar dos medios e da estrutura organizativa necesaria os laboratorios singulares de investigación do edificio do Campus da Auga adxudicados ás unidades de investigación solicitantes cara ó óptimo desenvolvemento das liñas estratéxicas do campus de especialización.

4. Velar pola calidade da docencia de todas as titulacións, garantindo a posta en funcionamento das infraestruturas docentes e investigadoras necesarias.

Obxectivo 11.3. Fomentar a colaboración e o equilibrio en I+D+i entre os distintos ámbitos de coñecemento

Accións

1. Elaborar un estudo específico que identifique as dificultades e as barreiras para o desenvolvemento dos diferentes grupos de investigación do Campus e posta en marcha de accións específicas para a mellora dos indicadores de investigación do Campus, en particular, nos ámbitos con maiores dificultades.

2. Realizar convocatorias de proxectos de investigación destinados a fomentar a colaboración entre grupos de investigación de diferentes ámbitos do Campus.

PONTEVEDRA

Obxectivo 11.4. Impulsar o proxecto de especialización en torno á creatividade e a innovación social e sustentable potenciando a investigación e a transferencia

Accións

1. Aumentar o nivel de coñecemento interno da actividade investigadora e de transferencia realizada no Campus de Pontevedra co obxectivo de desenvolver novas iniciativas interdisciplinares que potencien o clúster de Ecosistemas de Innovación.

2. Fomentar a investigación e a transferencia dos grupos emerxentes do Campus a través de convocatorias específicas de proxectos.

3. Instalar a sede corporativa do CREA S2i no edificio da rúa Benito Corbal, con espazos dedicados á investigación, transferencia e emprendemento así como a outros/as servicios e áreas transversais como o Centro de Linguas, o curso sénior ou o gabinete psicopedagóxico.

4. Potenciar a relación coa contorna empresarial galega de cara a desenvolver proxectos de transferencia interdisciplinares e proxectos europeos a través de encontros bilaterais periódicos e sesións de traballo, establecendo alianzas estratéxicas con institucións, empresas e organizacións de referencia.

Obxectivo 11.5. Consolidar a oferta académica do Campus dentro do proxecto de especialización

Accións

1. Apoiar a implantación das novas titulacións do Campus.

2. Impulsar novos dobres graos ou másteres estratéxicos e consolidar o dobre grao en Dirección e Xestión Pública coa Universidade de Sao Paulo.

3. Fomentar plans de internacionalización dos graos ofertados así como da oferta de semipresencialidade.

4. Impulsar o programa de doutoramento en creatividade e innovación sustentable como motor de internacionalización da investigación interdisciplinar do Campus.

5. Crear unha carteira de cursos de formación abertos á cidadanía vinculados ao edificio da rúa Benito Corbal, sede corporativa do CREA S2i.

VIGO-CENTRO

Obxectivo 11.6. Potenciar o Campus histórico da Universidade de Vigo entorno ós centros situados na rúa Conde de Torrecedeira

Accións

1. Reforzar a presencia da Universidade de Vigo no centro da cidade, creando un conxunto urbano Campus Vigo-Centro.

2. Reforzar as titulacións de grao e máster que se imparten nos centros do Campus Vigo-Centro.

3. Garantir a posta en funcionamento das infraestruturas necesarias para asegurar a calidade da docencia de todas as titulacións que se imparten neste Campus.

4. Impulsar as actividades de investigación do PDI con sede nestes centros.

5. Mellorar a conexión entre o Campus Vigo-Centro e o Campus da Lagoas-Marcosende, tanto no relativo ó transporte como nas conexións vía internet.