Susana Cruces Colado

Susana Cruces Colado

Titular de Universidade

scruces@uvigo.es

Candidata á Vicerreitoría de Relacións Internacionais

Breve reseña biográfica

Nacín en Santiago de Compostela, onde fixen a carreira de Filoloxía Francesa e Hispánica onde tamén me doutorei en 1998.
Incorporeime como docente de tradución á Universidade de Vigo en 1993, o ano seguinte a que se implantase a Licenciatura de Tradución e Interpretación, onde continúo.

Ocupei diversos cargos de xestión na Facultade de Filoloxía e Tradución.

A miña investigación centrouse nos procesos cognitivos da tradución e a tradución xurídica e xurada.

Unha vida sen lectura nin música resultaríame inconcebible.