Roberto Bustillo Bolado

Roberto Bustillo Bolado

Titular de Universidade

rbustillo@uvigo.es

Candidato á Secretaría Xeral

Breve reseña biográfica

Desde 2004 é profesor titular de Dereito Administrativo no Campus de Ourense, e antes foi profesor das Universidades da Rioja e Cantabria (onde naceu, estudou Dereito e, tras licenciarse, doutorouse en 1999).

Realizou estancias de investigación postdoutoral nas Universidades Paris 1 Pantheon-Sorbonne, na Freie Universität Berlín e naUniversità degli Studi di Firenze. Na actualidade é coordinador do grupo de investigación da Universidade de Vigo MEDEA-Iuris.

Unha parte substancial da súa actividade académica céntrase  no procedemento e a organización administrativa, así coma nos medios de solución de conflitos e mecanismos de control do poder público.

Durante dous anos exerceu funcións xurisdicionais en Xulgados do Contencioso-administrativo de Cantabria.

Na Universidade ten experiencia de xestión coma Decano e Vicedecano da Facultade de Dereito, e coma coordinador de varios títulos oficiais de Maestrado. Foi membro, secretario e voceiro da Comisión encargada polo Claustro de elaborar o proxecto de novos Estatutos da Universidade de Vigo.