Paloma Morán Martínez

Paloma Morán Martínez

Catedrática de Universidade

paloma@uvigo.es

Candidata á Vicerreitoría de Investigación

Breve reseña biográfica

Nacín en Oviedo en 1966 e alí me doutorei en Bioloxía no ano 1993. Despois dun período postdoc (1997-1999) na Universidade de East Anglia (UK), convertinme en profesora na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Dedico o meu tempo de traballo á docencia (40%), á investigación (40%) e á xestión (20%).

Informes DOCENTIA: 2003-2008 Moi favorable, 2010-2015 Moi favorable

Participación regular en ERASMUS: como docente e como titora

Dirección de teses doutorais (12), tesinas (4), DEAs (9), TFMs (8), TFGs (12)

Proxectos de investigación (máis de 20, 5 deles europeos, IP en 5)

Contratos con empresas/administracións e actividades de difusión da ciencia

Secretaria: Facultade (2007-2010), Departamento (2011-2017), Comisións Académicas de Máster e Doutoramento,

Membro Comisións: Calidade da EIDO, TFGs.

Para compensar as horas “de cadeira” trato de facer yoga un mínimo de dous días á semana.

Trato de dedicar o tempo fóra do traballo en primeiro lugar á familia e amizades e cando me quedan momentos libres a ler, pasear, viaxar, visitar museos….