Mercedes Vila Alonso

Mercedes Vila Alonso

Titular de Universidade

mvila@uvigo.es

Candidata á Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade

Breve reseña biográfica

Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais (sección Empresariais) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990.

Comeza a carreira profesional na Universidade de Vigo en 1990, como profesora no departamento de Organización de Empresas e Marketing, na área de Organización de Empresas, onde acada o título de Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais en 1996 e consegue a praza de Profesora Titular de Universidade en 1998.

A súa actividade investigadora céntrase no campo da estratexia empresarial, análises sectoriais, Innovación, e Calidade.

A súa actividade docente céntrase nos graos de Administración e Dirección de Empresas e Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo, nos que imparte asignaturas relacionadas coa Dirección de Empresas. Tamén impartiu docencia no mestrado de Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa.

No tocante á xestión universitaria, é membro do Claustro Universitario dende 1991 ata a actualidade, Secretaria do departamento de Organización de Empresas e Marketing entre os anos 2000-2006, e directora do mesmo entre 2006 e xaneiro do 2013.

Entre as súas afeccions destacan a xardinería, os paseos por lugares naturais e a lectura.