Juan Pou Saracho

Juan Pou Saracho

Catedrático de Universidade

jpou@uvigo.es

Candidato á Vicerreitoría de Planificación e Proxectos Estratéxicos

Breve reseña biográfica

Catedrático de Física Aplicada. Dr. Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo, é profesor na institución desde 1990. Foi secretario da Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial (1994-1997), coordinador do Mestrado Oficial en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria (2008-2015) e director da Escola de Enxeñería Industrial (2011-2017). Actualmente é coordinador do programa de doutoramento en Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria.

A súa actividade investigadora desenvólvese no campo das aplicacións dos láseres tanto no eido industrial como no biomédico. É coautor de máis de 120 artigos publicados en revistas internacionais indexadas SCI, 150 comunicacións en congresos internacionais e coautor de 20 patentes. Colabora en diferentes sociedades como o Laser Institute of America, European Biomaterials Society ou European Laser Institute