Juan Manuel Corbacho Valencia

Juan Manuel Corbacho Valencia

Contratado Doutor

jmcorbacho@uvigo.es

Candidato á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Breve reseña biográfica

Nado en Hanóver (Alemania, 1975) é licenciado en Publicidade e Relacións Públicas e Tradución e Interpretación (ambas pola Universidade de Vigo). Desenvolve a súa actividade docente como profesor contratado doutor no grao en Publicidade e Relacións Públicas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Foi vicedecano de relacións internacionais e posteriormente decano da mesma antes de pasar á vicerreitoría do campus de Pontevedra. Desenvolve a súa actividade investigadora no ámbito da comunicación intercultural, das relacións públicas e do protocolo.

Aficionado á lectura, practica varios deportes nos intres libres