Javier Rodríguez Rajo

Javier Rodríguez Rajo

Titular de Universidade

javirajo@uvigo.es

Candidato á Vicerreitoría do Campus de Ourense

Breve reseña biográfica

A miña actividade docente foi desenvolvida na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo como Profesor Titular da Área de Botánica dende o ano 2009, sendo acreditado para o corpo docente de Catedráticos de Universidade no ano 2012.

En relación á miña actividade investigadora, dirixín 7 Teses doutorais e participei en 27 proxectos e contratos de investigación, dos cales fun Investigador Principal en 8 deles. Son coautor dun total de 83 artigos publicados revistas indexadas no JCR, outros 33 artigos de investigación en prestixiosas revistas nacionais e internacionais e coautor de 7 libros e 5 capítulos de libro.

En canto a experiencia en xestión desempeñei os cargos de Vicedecano da Facultade de Ciencias, Director da Área de Desenvolvemento de Infraestruturas do Campus de Ourense, Coordinador dun Mestrado e de dous Programas de Doutoramento.

As miñas afeccións son as viaxes, a natureza e os deportes en xeral.