Elena Alonso Prieto

Elena Alonso Prieto

Titular de Universidade

ealonso@uvigo.es

Candidata á Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador

Breve reseña biográfica

Enxeñeira de Minas pola Universidade de Oviedo (1995) e Doutora pola Universidade de Vigo (2002, Premio Extraordinario de Doutoramento).

Desenvolve a súa actividade como docente na Universidade de Vigo desde 1995, impartindo docencia de grao, máster e doutoramento nas titulacións da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e participando activamente na vida académica do centro desde súa creación.

A súa investigación céntrase no comportamento e caracterización de macizos rochosos e análise de tensións e deformacións en escavacións. Participou nun total de vinte proxectos de investigación e contratos con empresas e ten vinte publicacións en revistas e unhas corenta publicacións en actas de congresos no eido da Mecánica de Rochas.

Desde 2003 a 2015 ocupou os cargos de Secretaria de Departamento, Directora de Estudos de Posgrado e Secretaria da Escola Internacional de Doutoramento na Universidade de Vigo. Tamén foi Xestora de Proxectos de Investigación IN.CI.TE da Xunta de Galicia entre 2008 e 2013. Desde 2014 é Coordinadora do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas.

En relación ás súas afeccións gústanlle o cine, a música e o sendeirismo; e participar en actividades sociais, culturais e/ou de cooperación que supoñan traballar en equipo.