Edita de Lorenzo Rodríguez

Edita de Lorenzo Rodríguez

Titular de Universidade

edita.delorenzo@uvigo.es

Candidata á Vicerreitoría de Organización Académica

Breve reseña biográfica

Traballa na UVigo dende 1993, tras facelo na Universidad de Valladolid e desfrutar de estancias na Northeastern University en Boston.

Enxeñeira (1992) e Doutora (1997) en Enxeñaría de Telecomunicación pola UVigo.

Actualmente:

  • Comisionada para o Vigo Tecnolóxico (2017)
  • Profesora Titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (1998).

Foi:

  • Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (2009/15).
  • Coordinadora Máster Enxeñaría de Telecomunicación (2015/17).
  • Directora Xeral de .GAL (2014/17).
  • Cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), cap. IEEE.

É autora e coautora de artigos e publicacións científicas, ten participado en numerosos proxectos de investigación relacionados con sistemas de comunicacións. É revisora de varias revistas científicas, e colabora como avaliadora en comisións da ACSUG, da Agencia Estatal de Investigación e coa ANEP.

Ademais colabora:

  • Secretaria na Xunta Directiva da Asociación PuntoGal, 2017.
  • Vicedecana/Vicepresidenta do Colexio/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, 2017.
  • Vogal (experta) da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, 2011.