Gastos da campaña electoral

Nesta páxina podedes consultar o custo das actividades da candidatura de Ideas que Suman durante esta campaña electoral.

Os gastos da nosa campaña electoral ascenden a 3.391 euros. Esta cantidade supón pouco máis da metade dos 6.000 euros asignados pola Universidade de Vigo. As facturas presentadas pola candidatura de “Ideas que suman” amosan un gasto de 1.553 euros en carteis e dípticos, 1.007 euros en produción e edición de vídeos e pezas audiovisuais de campaña; 424 euros en fotografías, 342 euros no deseño da imaxe e logotipo do colectivo e 65 euros nun roller, lona e estrutura, para a súa utilización nos actos electorais.

Relación das facturas dos gastos realizados

Ademais, a candidatura encabezada por Emilio Fernández renunciou ao local e ao vehículo oficial con conductor que a Universidade puxo a disposición dos candidatos.