Emilio Fernández Suárez

Emilio Fernández Suárez

Catedrático de Universidade

esuarez@uvigo.es

Candidato a Reitor

Breve reseña biográfica

A miña liña de investigación centrouse no ámbito da oceanografía biolóxica e a ecoloxía marina, en particularno estudo da composición, distribución do fitoplancton  e da súa relación coa variabilidade física das capas superiores do océano a diversas escalas.

Os estudos realizados desenvolvéronse  ben no laboratorio, en mesocosmos o en 18 campañas oceanográficas desenvoltas en augas polares, subpolares, templadas, subtropicais e tropicais do océano Atlántico, que supuxeron unha estancia no mar de algo máis de 11 meses.

Estes estudos enmárcanse nos 25 proxectos de investigación nos que participei, actuando en 15 deles como investigador principal. Estes proxectos foron financiados pola Unión Europea, o Ministerio de Educación e Ciencia ou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento